Proxecto de Potencial Crecemento (GPC 2024).
Xunta de Galicia
Os Proxectos de Potencial Crecemento, enmarcados no programa da Xunta de Galicia para a Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas, representan unha estratexia de financiamento clave para grupos universitarios con proxección de se transformaren en referentes consolidados a nivel nacional e internacional. Concedido na convocatoria de 2024, desenvólvese tamen nos anos 2025 e 2026.
O seu obxectivo central é facilitar a transición dun grupo con potencial a unha unidade de investigación consolidada e de referencia mediante a implementación dun Plan Estratéxico detallado, a optimización de recursos e a potenciación da investigación competitiva e do seu impacto social.
O Grupo de Investigación Comunicación Persuasiva (CP2) é un claro exemplo desta materialización, sustentándose nas súas fortalezas na loita contra o idadismo e a desinformación para impulsar proxectos como as candidaturas europeas VACUMART e CARE, que combinan investigación aplicada cun elevado potencial de impacto social e educativo. Ademais, o seu liderado editorial e a organización de eventos internacionais como ICOMTA25 evidencian unha expansión estratéxica e unha consolidación tanxible en áreas clave da comunicación. O éxito destes proxectos concretos subliña a eficacia do modelo GPC para fomentar a excelencia, a visibilidade e a transferencia de coñecemento científico á sociedade.
Plan Social ENCE. Inclusión e deporte no ámbito local. Análise da situación, planificación e posta en marcha de accións para a erradicación de “ismos” (idadismo, racismo, sexismo). 2025
IP. Montserrat María Vázquez Gestal
A diversidade no deporte reflicte a diversidade das nosas sociedades. Porén, o racismo, o idadismo e o machismo seguen a ser problemas persistentes que impiden a plena participación e goce do deporte por parte de todos os membros da comunidade. O deporte ten o potencial de ser unha poderosa ferramenta de inclusión social, ofrecendo oportunidades para superar prexuízos e estereotipos e fomentando a igualdade e o respecto mutuo. Estamos afeitos a ver no ámbito deportivo que, en case todas as disciplinas e categorías, existe unha separación por idade e sexo atendendo a razóns diversas.
Nesta investigación, circunscrita ao ámbito local, queremos coñecer, nos concellos mencionados, cantas disciplinas deportivas se practican e en cantas entidades e, neles, pequenos e amateurs nalgúns casos, comprobar se esa separación tamén existe nos adestramentos, competicións, ou en ambos.
A dinámica habitual destes clubs permitiranos coñecer se hai deportes máis inclusivos ca outros en canto a idade, sexo… pero tamén en función da situación social e económica. Os datos que poidamos recoller non só nos permitirán coñecer e entender o seu funcionamento, senón tamén analizar e concluír que deportes permiten adecuar as súas características a grupos determinados, non só por idade ou sexo senón mesmo asocialo a outros, como por exemplo o sanitario ou a mellora na calidade de vida, axudando nunha inclusión social que nos permita, talvez, dar lugar a programas que favorezan que maiores e pequenos compartan aprendizaxe e experiencia arredor dun deporte, ou propoñer actividades que permitan unha maior calidade de vida a persoas con determinadas doenzas: Alzheimer, Párkinson, cancro de mama, Asperger, cegueira.
Crear espazos de integración, lecer, respecto e axuda arredor de deportes que, en ocasións, só están orientados a gañar medallas e que poden converterse en clubs onde desenvolver valores interxeracionais.
Mapa da Desinformación nas Comunidades
Autónomas e Entidades Locais de España e o seu
ecosistema dixital (FAKELOCAL).
Ministerio de Ciencia e Innovación.
IP: Ana Belén Fernández Souto, José Rúas Araújo
2024
Presentación candidatura POPTEC (20-21-2027). Proxecto Europeo sobre idadismo: candidatura VACUMART (colaboración coa Universidade do Minho) e candidatura CARE (colaboración con 6 universidades europeas).
2023
Guía práctica sobre o tratamento das persoas maiores nos medios de comunicación
IP: Ana Belén Fernández Souto. HELPAGE
Loita contra a desinformación e criterios de valor nos debates electorais en televisión e medios dixitais: plataforma de verificación e blockchain (DEBATrue). Ministerio de Ciencia e Innovación.
IP: Ana Belén Fernández Souto, José Rúas Araújo
2022
Organización y Creatividad en eventos deportivos durante el COVID (OCEDcovid)
Entidad Financiadora: Consejo Superior de Deportes. Ministerio de Cultura y Deporte. España
Referencia: 01/UPB/21
Modalidad: Redes de Investigación en Ciencias del Deporte 2021
Inicio/Fin: Junio – Noviembre, 2022
Investigador Principal: Dra. Ana Belén Fernández Souto
2021
Organización y Creatividad en eventos deportivos durante el COVID (OCEDcovid)
Entidad Financiadora: Consejo Superior de Deportes. Ministerio de Cultura y Deporte. España
Referencia: 01/UPB/21
Modalidad: Redes de Investigación en Ciencias del Deporte 2021
Inicio/Fin: Junio – Noviembre, 2021
Investigador Principal: Dra. Ana Belén Fernández Souto
2018
Debates Electorales televisados en España: Modelos, Proceso, Diagnóstico y Propuestas
Entidad Financiadora: Ministerio de Economía, Industria y Competitividad. España
Referencia: CSO2017-83159-R
Modalidad: Proyectos I+D+I Correspondientes al Programa Estatal de Investigación, Desarrollo e Innovación orientada
a los Retos de la Sociedad
Inicio/Fin: 15/01/2018 ata 31/12/2020
Investigador Principal: Dr. José Rúas Araujo; Dra. Ana Belén Fernández Souto
2015
Red de Investigación Turincentiving Galicia
Entidad Financiadora: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia
Referencia: R2014/020
Modalidad: REDES 2014
Aplicación Presupuestaria: N401 131H 64502
Inicio/Fin: 01/01/2014 ata 30/11/2015
Tipo de proyecto: Red de Investigación del Sistema Universitario gallego (SUG), liderado por el grupo CP2 (Uvigo).
Investigador Principal: Dra. Dna. Ana Belén Fernández Souto
2009
A promoción do turismo de minorías en Galicia a través de actividades de relacións públicas. Análise da efectividade dos plans e campañas de comunicación dos emisores públicos como atractivo de potencial turístico. Xunta de Galicia
IP: Montserrat María Vázquez Gestal