Redes e colaboracións

O Grupo de Investigación Comunicación Persuasiva (CP2) forma parte de distintas redes de investigación e asociacións profesionais do eido académico. Ademais, mantén unha estreita colaboración con entidades públicas e privadas que promoven a participación cidadá e a transferencia de coñecemento da universidade á empresa e á sociedade co propósito de contribuír a abordaxe de distintos retos sociais.