Creado en 2007 na Universidade de Vigo como un motor na investigación comunicativa. Integrado no «Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas» da Xunta de Galicia, CP2 persegue a consolidación como unha unidade de investigación referente, tanto a nivel nacional como internacional. A súa traxectoria caracterízase por unha evolución constante, orientada a transformar o seu recoñecido potencial nun referente necesario no ámbito da comunicación

Investigación do grupo

A investigación do grupo estrutúrase en liñas clave que afondan nos mecanismos e efectos da comunicación persuasiva, abranguendo desde a verificación informativa, a alfabetización mediática e a loita contra a desinformación (con proxectos como DEBATrue e FAKELocal) até o estudo da comunicación, xénero e diversidade, e a comunicación institucional, persuasión e redes sociais (incluíndo o turismo, deporte, protocolo e eventos).

Explórase tamén a comunicación política, a creatividade e a creatividade publicitaria, estratexios e xestión da comunicación , as elacións Públicas e o edadismo e o seu impacto na sociedade en xeral, é en ámbitos particulares, caso do deporte a través do proxecto do Plan Social de ENCE, piar distintivo e de grande impacto que conta coa primeira cátedra europea sobre o tema, dirixida pola profesora Ana Belén Fernández Souto. Ademais, investígase a publicidade, ética e valores, e a comunicación dixital, novos formatos e narrativas, incluíndo a innovación televisiva e a adaptación de televisións rexionais ao contorno dixital a través da Cátedra CIRCOM-UVigo, dirixida polo profesor Xosé Rúas Araujo o que reflicte un compromiso coa vangarda e a relevancia social da súa produción científica.

Publicacións